Categorias

Xabón de Allariz

     Froito da colaboración entre a Asociación A.N.D.R.E.A. (Asociación para a Defensa, Recuperación e Estudo Terapéutico da Especie Asnal) e o Concello de Allariz, no ano 2008 púxose en marcha unha novedosa experiencia en San Salvador dos Penedos, enmarcada dentro dun proxecto de recuperación e dinamización de superficies e poboacións rurais da Reserva da Biosfera “Área de Allariz”. Esta experiencia pionera afectou a un núcleo de poboación deshabitado e a súa contorna, que se atopan nunha zona de especial protección dentro da Reserva

     A actividade da Asociación ANDREA é un proxecto integral de apoio ao desenvolvemento rural basado principalmente na posta en marcha de servizos de benestar social e aprovechamiento dos recursos naturais, a través dos seus tres liñas de actuación:

  • O Centro de Acollida de Burros abandoados e/o maltratados.
  • O Centro de Terapia asistida con Burros para persoas con discapacidade física, psíquica e/o social,
  • O Programa de dinamización do rural.