Categorias

Xabón de Allariz


XABÓN CON LEITE DE BURRA E PASTA BIO


     A base dos nosos xabóns está composta de aceites vexetais que proveñen de plantacións sostibles. Esta base BIO, certificada por Ecocert, non provén de superficies que estivesen ocupadas por selva tropical. A pasta biolóxica de xabón elabórase con ingredientes ecolóxicos, respectuosos co medio ambiente e coa saúde das persoas. A esta base tan suave para a pel, nós engadímoslle leite de Burra do país e manteiga de karité, tamén certificada por Ecocert.

     O xabón BIO elabórase artesanalmente, sen parabéns, nin EDTA. Non conteñen colorantes, nin conservantes de síntese. As nosas xabóns non se testan en animais.

     Este xabón é para todas aquelas persoas que queren un xabón de alta calidade, interesadas en coidarse e en coidar o medio ambiente

.
UN PRODUTO SOLIDARIO

Cando vostede compra un dos nosos produtos elaborado con leite de burra está a comprar sobre todo calidade e ademais un produto ético e solidario. Coa súa compra está a apoiar ademais do noso labor a favor dos burros abandonados e/ou maltratados, os nosos proxectos terapéuticos asistidos con animais a favor dos nenos e adultos con discapacidade.


BENEFICIOS


   Os xabóns "Xabón D ´ Allariz con pasta BIO" non resecan a pel, pola contra hidrátana en profundidade achegando todos os beneficios do leite de burra grazas ao RETINOL NATURAL e para o seu efecto tensor. Utilízase para o rostro e tamén para todo o corpo tanto dos adultos coma para a pel tan delicada dos bebés. Está especialmente recomendado para as peles sensibles, atópicas, con alerxias, eccema, psoríase...

     Os nosos xabóns están enriquecidas con manteiga de Karité BIO, que poseé grandes virtudes suavizantes e beneficiosas para as peles secas e deshidratadas.

     Sen dúbida, este xabón con pasta BIO certificada e leite de burra é un tensor natural e un potente rexenerados da pel, retardando así o seu envellecemento. A súa composición confírelle propiedades hidratantes, reafirmantes e suavizantes. Este xabón pódese utilizar para as peles máis delicadas, sobre todo para a pel dos nenos e dos bebés.

     Preséntase en formato de 100 grs., empaquetado coa información completa dos seus ingredientes.



"XABÓN D´ALLARIZ" É UN PRODUTO ÉTICO E SOLIDARIO.

Coa compra destas xabóns está a apoiar o labor da AsociaciónA.N.D.R.E.A. a favor dos burros abandonados e maltratados, contribuíndo tamén á preservación dalgunhas das razas de burros en perigo de extinción.

PROXECTO A.N.D.R.E.A.