Categorias

Xabón de Allariz

"Xabón D ´ Allariz" é un xabón artesanal de alta calidade elaborado con leite de burra.

 A leite de burra contén unha gran cantidade de aminoácidos, vitamina A, B1, B2, B6, C e D, minerais, e proteínas que axudan a manter a pel suave e sedosa. Ten importantes propiedades antioxidantes, e a principal, é que contén unha importante cantidade de RETINOL NATURAL, un tensor natural que prevén o envellecemento e rexenera a pel, a diferenza da maioría dos cosméticos que conteñen Retinol sintético.

“O retinol promove a formación de coláxeno, axudando a conseguir unha pel máis firme”

Todas os nosos xabóns levan ademais Manteiga de karité, poderoso protector e hidratante da pel. Trátase dun rexenerador celular excelente para o coidado facial, pois nutre, rexenera e suaviza a pel. Rica en vitaminas A, D, E e F protexe a pel contra o sol e a polución.

“Non é de estrañar que se lle coñeza por "o segredo de beleza das mulleres africanas"

Garantimos o uso de materias primas naturais e de primeira calidade, como a manteiga de karité ou os aceites vexetais. Os nosos xabóns non conteñen fragrancias artificiais nin produtos químicos que poden irritar a pel. Son polo tanto unha opción ideal para a hixiene cotiá e tamén están recomendados para peles sensibles.  A pel benefíciase así non só dunha limpeza sa senón dunha hidratación e nutrición duradeira.


“O proxecto de elaboración de xabóns con leite de burra "Xabón D ´Allariz" é un produto ético e solidario. Trátase dun recurso para apoiar a labor da Asociación A.N.D.R.E.A. na súa labora favor dos burros abandonados e maltratados, contribuíndo tamén á preservación dalgunhas das razas de burros en perigo de extinción”.

PROXECTO A.N.D.R.E.A.